Producciones Mara
DocumentalesOtras producciones

territorio dos vales ulla-umia

Territorio dos Vales Ulla-Umia

Reportaxe / 2008 / 10 min

Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga, sete circunscripcións e un só territorio: o dos Vales Ulla-Umia. Un espazo diverso, cheo de potencialidade, con fortes lazos comúns, onde modernidade e tradición conviven en perfecta sintonía cos seus habitantes.

territorio dos vales ulla-umia

Construíndo un novo rural: Tarefa de País

Reportaxe / 2007 / 14 min

A Galicia rural, a marca da nosa identidade, recibe un impulso no período 2007-2013. Un percorrido pola súa dimensión económica e as súas esferas socioculturais (sector agrario, patrimonio cultural, medioambiente, tecnoloxía...) amosa as medidas postas en marcha pola Consellería de Medio Rural para aplicar o proxecto europeo LEADER, unha estratexia que eleva como protagonistas e motores do cambio aos propios interesados: a sociedade rural. Porque construír un novo rural, sinónimo de medio dinámico e viable, é tarefa de país.

territorio dos vales ulla-umia

Danza Gaira

Reportaxe / 2007 / 16 min

Baixo o nome de Danza Gaira, a bailarina colombiana Martha Franco fusiona ritmos, tradicións e danzas de distintos rincóns do mundo para crear un espazo mestizo no que as diferentes culturas se divulgan a través do movemento, a arte e a expresividade. Espectáculo de danza do ventre, oriental con percusión árabe e africana… que nos amosa neste festival ecléctico, o Move´m Cult & Danza, o ritmo ao que se move o mundo.

raider´s trophy

Raider´s Trophy, o raid das empresas

Reportaxe / 2004 / 40 min

O incomparable marco de Santiago de Compostela e os seus arredores son o escenario da XIII edición da Raider´s Trophy, unha competición na que os equipos humanos de empresas coma Endesa, Scania, DMR, Consulting, Iberia, ONU, Unión Fenosa, Vodafone ou Sanitas, entre outras moitas, enfróntanse a emocionantes retos, onde a chave do éxito é o traballo en equipo. Natureza, deporte, aventura e estratexia cóllense da man nesta innovadora ferramenta de motivación para traballadores.

festas

Festas (en produción)

Reportaxe / 2009

Festas e feiras galegas, transmitidas de xeración en xeración, vinculadas á gastronomía, relacionadas a veces coa relixión outras coa tradición, marcan o noso calendario constituíndo un punto de referencia e identidade.

© 2009 MaraProducións

Rúa Melide 9, 3ºB 15705 Tlf/fax: 981 57 05 76. Santiago de Compostela A Coruña Galicia Spain info@maraproducciones.es